INTRODUCIÓN
A integración das tecnoloxías da información e a comunicación é unha esixencia da sociedade xa expresada na Lei Orgánica de Educación. Esixencia encamiñada a conseguir que as novas xeracións obteñan o máximo proveito dos cambios que está a producir a sociedade da información, coa incorporación da internet e as ferramentas multimedia nos centros educativos.
Cremos que chegados a este punto, faise necesario recoller nun plan de traballo aquelas liñas básicas de actuación, consensuadas e asumidas pola Comunidade Educativa, que potencie a integración curricular das TIC’s converténdoas nun instrumento útil para o desenvolvemento de todas as competencias básicas e de mellora nos procesos ensino – aprendizaxe.
CONTEXTO EDUCATIVO
O CEIP Tartaruga é un colexio de titularidade pública de Educación Infantil e Primaria situado na parroquia de Darbo, en Cangas do Morrazo. Atópase na rúa do Seixo, en plena natureza, xa que ó seu redor podemos atopar moitas e diversas especies arbóreas.
A parroquia de Darbo conta actualmente cunha extensión de 5’5 km² , ocupando un fértil val, unha recortada ola costeira con praias e acantilados e as ladeiras orientais da Serra da Madalena. Unha gran parte do núcleo urbán de Cangas pertence a esta parroquia, posuíndo unha elevada densidade de poboación (1310’54 habitantes/km² en 2014).
O noso estilo educativo pretende crear unha comunidade de aprendizaxe, onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación sexan os principios básicos; no que alumnado, profesorado e todo o persoal comportan un espazo que permita a aprendizaxe, a comprensión, a creación e o pensamento crítico.
OBXECTIVOS
1. A curto prazo:
2. A longo prazo:
ROLES
No noso plan TIC inclúese a toda a comunidade educativa:
En primeiro lugar, será preciso un coordinador TIC, que será unha persoa con coñecemento nas TIC’s para conectar facilmente co plan. Dita persoa será elixida polo Claustro de profesores e terá dispoñibilidade horaria para a coordinación do proxecto. Entre as súas funcións atópanse a promoción e dinamización do uso das novas tecnoloxías do centro e xestionar as incidencias que se produzan co mantemento dos equipos do centro.
En segundo lugar, os mestres/as deben adquirir certas competencias en materia dixital para así poder transmitir os seus coñecementos ao alumnado e promover o uso axeitado e normalizado das TIC en todos os ámbitos.
Por outra banda, os alumnos/as deben aprender a facer un uso responsable das novas tecnoloxías e empregalas tanto como medio de comunicación coma de busca de información. Ademais, deben aprender a seleccionar información distinguindo a útil e veraz da que non.
Por último, as familias tamén xogan un papel moi importante, posto que corroboran que os seus fillos estean tendo un uso correcto das TIC’s, responsabilizándose das páxinas ou xogos que os nenos e nenas visiten, de tal xeito que nunca poidan estar en perigo na rede. Tal e coma ós demais membros da comunidade educativa, esísexelles un pleno control destas para poder comunicarse e informarse do que está a ocorrer no seu día a día.
ACTUACIÓNS DE ACTIVIDADES PARA ACADAR OBXECTIVOS
Referidos á comunidade educativa (comunicación, participación, páx web do centro, alfabetización dixital) con obxectivos como:
Algunas de las actividades pueden ser:
Referidos á formación do profesorado, co obxectivo de:
Cabe distinguir á súa vez dos tipos de actividades de formación:
Referidos á xestión do centro e á xestión de recursos, ten obxectivos como: