No ximnasio os nenos de primaria comezarán a aprender as regras de diferentes deportes e combatirán a obesidade infantil, facendo unha actividade física de aproximadamente dúas horas á semana mediante diferentes actividades lúdicas.
Pola contra, os nenos de infantil farán actividades destinadas a mellorar a súa psicomotricidade e a desenvolver novas habilidades motoras, cognitivas e sociais. Ademais, iniciaráse aos nenos nos bos hábitos alimenticios e de hixiene persoal.
Mediante a educación física os nenos coñecen as súas capacidades e limitacións, e favorecen o espíritu de superación. Ademais aprenden a respetar e querer aos demáis e a valorar o seu esforzo.