O CEIP Tartaruga é un colexio de titularidade pública situado en Cangas, Pontevedra, que abarca os niveis de Educación Infantil e Primaria. Está caracterizado por ser plurilingüe e nel impártense os idiomas galego, castelán e inglés con profesores especializados en cada unha das linguas.
Posuímos un equipo docente e directivo competente e acorde ás necesidades dos pequenos e pequenas, estando cada un deles especializado na correspondente área á que pertencen.
O colexio ten unha amplia biblioteca composta por numerosos libros acorde coa idade dos nenos, mais tamén conta con libros de interese para os pais e nais, así como para os diferentes mestres e mestras, onde poderán nutrirse de coñecemento para calquera inquedanza relacionada coa complexa mente dos párvulos.
Ademais, conta con servizo de comedor, a cargo da empresa de catering Pequeniños, especializada nunha alimentación infantil completa e variada, onde os nenos sempre disfruten do sabor da comida á par que poidan gozar dos complexos nutritivos que precisan a estas idades.
O ximnasio e o patio son amplos para que os alumnos poidan desfrutar do tempo de lecer ou daqueles momentos da aprendizaxe máis prácticos, tendo tamén unha amplia variedade de materiais de xogo e desenvolvemento motriz para as diferentes idades que nos atoparemos ó longo da Educación Infantil e Primaria.
Tamén contamos cun gran número de actividades extraescolares entre as que elixir para que as nenas e nenos aprendan e se divirtan o máximo posible. Entre estas atopamos: xadrez, para mellorar o desenvolvemento intelectual dos rapaces/as; clases de pintura, para desenvolver a súa imaxinación e creatividade; clases de inglés, reiterándonos na importancia da aprendizaxe de idiomas desde as idades máis temperás; kárate ou ximnasia rítimica, para que gocen de actividades deportivas á par que melloran a súa motricidade; ou volleyball, un deporte en equipo para que os nenos/as poidan disfrutar cos seus compañeiros e compañeiras.