Un dos obxectivos que nos prantexamos este curso foi o de introducir o trompo/buxaina nos recreos. Observamos que non había ningún neno nin nena que o trouxera ao centro polo que enviamos por medio do sistema ABALAR unha mensaxe incentivando o uso deste xogo tradicional.
No centro compramos tamén varios trompos para que aqueles nenos e nenas que non o troxeran dende casa pero que sí quixeran practicar tiveran a posibilidade. Cada vez máis alumnado foise sumando a iniciativa, sobre todo os máis pequenos e pequenas. Pouco a pouco fomos sendo máis.
Ao final, conseguimos xuntar un bo número de nenos e nenas de distintas idades que se converteron en fixos. Reuníamonos nun recuncho que deixamos xa como punto de encontro. O nivel de habilidade foi medrando e o alumnado lanzábase a probar trucos e novas formas de lanzamento.