Este curso 24/25 ofertouse dende o concello a posibilidade de que o alumnado de Malpica se apuntara a actividade de judo impartida por Mar. Recibimos no centro a posibilidade de que os nenos e nenas puideran ter contacto con este deporte e dende logo pareceunos unha gran oportunidade para que os cativos e cativas experimentaran e se familiarizaran cun deporte de contacto. Foi unha bonita experiencia
Despois de realizar unha introducción teórica sobre os valores e principios do judo como deporte e a disciplina e repeto polo rival que se aprende nas artes marciais, o alumnado experimentou as súas primeiras tomas de contacto co judo. Foi o momento de poñer a proba a forza e o autocontrol e posibilitou ¨combates¨de gran igualdade. Moitos deles quedaron encantados e encantadas e con ganas de máis.