Por segundo ano consecutivo participamos na carreira de cross escolar comarca de Bergantiños celebrada no polígono de Bértoa. Unha cita deportiva que o alumnado vive con moita emoción e expectación.
Participou o alumnado do centro comprendido entre os cursos 2º e 5º de educación primaria divididos por categorías (benxamín e alevín feminino e masculino). Practicamos no centro anteriormente a autoxestión e dosificación do esforzo así como a técnica de carreira e a respiarción.
Na carreira de banxamín feminino clasificáronse para a final Manuela de 2º de primaria e Anxo e Alexia de 3º de primaria. Alexia como terceira clasificada subiu ao podium a recibir a súa medalla. Martón Martelo en alevín masculino quedou de 2ºclasificado e Antía Castro gañadora do alevín feminino.