Dentro do PVAD deste curso 24-25, propuxémonos celebrar o I campionato de Nadal fóra do horario lectivo. Foi durante o período vacacional de Nadal. O alumando que podía participar comprendía os cursos de 3º ata 13 anos, o que permitou a asistencia de Lucas, alumno que xa está no Instituto. A asistencia non foi a esperada (10 alumnos/as) pero esperamos que sexa o primeiro paso para poder consolidar esta actividade.
Contamos coa colaboración do Concello de Malpica e de María, traballadora do Concello na área deportiva. O alcalde e a concelleira de Cultura e Deportes tiveron a xentileza de acercarse ata o evento e darlle a cada participante un detalle pola súa participación.
Cada neno e cada nena levaron unha medalla así como unha camiseta. Queremos impulsar dende o centro a participación de deportes minoritarios como é o caso do badminton. Foron varias as iniciativas (badminton nos recros, participación nos campionatos de badminton escolar a través de XOGADE e esta iniciativa do I campionato de badminton no Nadal).