Radio Balea
CEIP Milladoiro. Malpica de Bergantiños
Benvid@s a Radio Balea, a Radio na Biblio
do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños
Que é Radio Balea? O alumnado explica como é a nosa radio
Historia do logo de Radio Balea
Radio na Biblio: Radio Balea (A implementación da Radio no centro)
OBXECTIVOS
Formar a profesorado e alumnado no uso da radio escolar como ferramenta pedagóxica.
Dinamizar o Laboratorio de Son como espazo creativo ao servizo do currículo e para todos/as.
Propoñer actividades (Lecturas Terroríficas, Día da Radio, Semana da Muller…), a nivel centro, para a proposta de actividades trimestrais coordinadas pola Xefatura e Equipo de BE-DL.
Apoiar/dinamizar o voluntariado do alumnado biblioaxudante de Radio na Biblio.
Manter o sitio en liña de Radio Balea como repositorio da comunidade.
Divulgar os produtos finais de Radio Balea a través do blog da Biblioteca e blogs de ciclo.
Avaliar o plan de traballo desenvolto polo Equipo de Radio para detectar fortalezas e debilidades (reunións de equipo, de equipos/xefatura, memoria anual)