PROXECTOS

CURSO 22-23

TVTenorio "Informe Anual"

Elaborarase un programa televisivo que recopilará todo o traballo anual, e será creado, diseñado e presentado polo alumnado

Entroido "A madeira"

Celebración do nosoo entroido. Realizando un desfile polas proximidades do colexio e a continuación pequenas actuacións no centro.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Celebración de diferentes actividades entorno á ciencia, empregando a Lingua Galega como medio transmisor

DÍA DA PAZ

Crearase diferentes murais colectivos entre todo o alumnado do colexio, facendo unha actividade colaborativa.

DÍA DA CANDELORIA

Exposición de lecturas, creación dun cartel interactivo, que recollerá información sobre a Candeloria con cancións, refráns, significado, etc. 

CALENDARIO 2023

Creación do calendario do noso centro para o ano 2023

Festival do Nadal

Cebrarase no Auditorio de Tenorio.

Participación de todos os cursos do centro.

Actuacións en directo e presentación a través dun Papa Noel interactivo

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Creación dunha táboa das emocíóns así como a representación gráfica das palabras da conmemoración

BANCO DA AMIZADE

Inauguración do banco da amizade creado no curso anterior

FESTA DO OUTONO

Traballo con robots así como cunha bruxa interactiva. Exposición de cabazas e xogos populares.

CURSO 21-22

TRAXE DIXITAL GALEGO

O alumnado de todo o centro colaborou no traballo final da creación do traxe tradicional galego interactivo, xunto co seu panel correspondiente.

O panel transmitía información recollida polo alumnado dos diferentes cursos, relacionada coas tradicións galegas (partes do traxe masculino e feminino, musicas tradicionais, etc.), respondendo o panel a unha pintura conductora que transmitía a irnformación; ao mesmo tempo que os traxes dos nenos/as comunicábanse entre sí mediante placas microbit

DÍA DA MULLER

COLABORACIÓN COS TRAZANTES DE TENORIO

COLABORACIÓN CON FOULA

COLABORACIÓN COAS PALIÑEIRAS REBULIDEIRAS

CURSO 20-21

FESTA DOS MAIOS

Fai clic na imaxe

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar esta celebración, tentaremos facer un listado de preguntas base para unas entrevistas que realizaremos ás nosas avoas ou bisavoas que sacrificaron a súa asistencia á escola para adicarse aos diversos traballos (sobre todo no campo) que tiveron que realizar nuns tempos duros, e que hoxe descoñecemos.

As entrevistas gravaranse en vídeo e entregaranse en forma de tarefa por esta aula virtual, ou en claquera outro formato máis asequible para as familias

 ENTROIDO

Xa se achega o Entroido, e para celebrar esta tradición tan arraigada na nosa terra suxerimos dende EDLG que cada clase escolla no listado de música que enviaremos por whatsapp una canción para preparar o noso Entroido virtual.Todas están relacionadas coa PDI : “ A HORTA E A CIENCIA”.

O Meco tamén mandará as ordes diarias, que estarán expostas nun cartel na entrada da escola. De igual maneira o venres 12 todo o alumnado pode vir disfrazado de horteláns ou granxeiros para disfrutar da festa virtual do Entroido.


Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz o 30 de Xaneiro ,todo o colexio traballará a canción de Mamá Cabra : “O mundo é grande”. Para elo pídese a cada clase que grave un vídeo coa súa interpretación. Posteriormente empregarán os robots do proxecto de Robótica como medio de comunicación para enviala nun pendrive ao equipo de Tics para quemonten un vídeo de todos en conxunto que se proxectará ese día.


CALENDARIO ESCOLAR

Coma en anos anteriores,realizaremos un Calendario ou almanaque escolar en galego para compartir coas familias. Este ano o tema é “As nosas mulleres”

Para elo precisamos a colaboración delas e dende EDLG aproveitaremos as fotografías antigas de mulleres (avoas, bisavoas…) que sacrificaron as súas posibilidades de acudir á escola por sacar á familia adiante, realizando todo tipo de traballos ( no campo, na casa, e noutros moitos lugares). As fotos ilustrarán cada mes do calendario xunto cunha pequena  descripción en galego do que aparece nelas.

Estas fotografías mandáranse a través de Aula virtual, como tarefa por medio dun novo reto de Biblioteca.


FESTIVAL DO NADAL

Dende E.D.L.G. propoñemos para decoración navideña do colexio, que o alumnado aproveite e recupere materiais de refugallo como cartón e vellos ovelos de lá, para elaborar adornos cosendo motivos navideños en distintas formas do cartón.

Ademáis pedimos a colaboración de cada clase na preparación de panxoliñas e pequenas representacións teatrais, primando o uso do galego, para elaborar un festival de Nadal que será retransmitido telemáticamente a toda a comunidade educativa.


FESTA DO OUTONO

FESTA DO OUTONO.- Para celebrar a festa do Outono (Samaín e Magosto) o alumnado terá que preparar por clases un aspecto destas tradicións galegas (rimas, cancións, investigacións de como se celebraba no pasado, preguntando aos avós/as para poñer en común nun pequeno festival de outono.

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

En colaboración co Equipo de Convivencia e de Biblioteca pretendemos organizar una actividade a través de aula virtual (tarefa) que consiste en escribir, por cursos ( ou individualmente os alumnos de cursos superiores), unha frase-verso alusiva á violencia de xénero, para despois recopilalos nun megapoema, acompañado de debuxos ou fotografías que tamén se mandarán por Aula virtual.