O NOSO LAMEIRA:
UN RÍO DE VIDA
Proxecto no que se traballará...
Obxectivo do proxecto
Este proxecto ten como obxectivo a protección do noso río Lameira, como xeito de protexernos a nós mesmos, fomentar bos hábitos e coñecer a súa evolución
ao longo dos últimos 50 anos e máis...
Planificación do proxecto
Primeiro trimestre
Comezarase a primeira fase do PDI coa proposta
" O noso Lameira..." partindo do máis próximo a nós...
Centrarase esta primeira fase no coñecemento das partes do río:
nacemento, curso, pontes, lavadoiros, cambios na paisaxe...
Procura de información a través das familias, das bibliotecas, entrevistas para coñecer:
As partes do río…
Percorrido pola vila
Edificacións a carón do río
Visitas ao noso Lameira para ver:
A transformación da paisaxe segundo a estación do ano:
O caudal
As marxes do río
As árbores e vexetación...
Procura de información a través das familias, das bibliotecas, entrevistas... para coñecer:
A Historia do Lameira. O Río Lameira hai 50 anos e máis ...
Terreos inundables...
Anécdotas.
Segundo trimestre
Segunda fase do PDI, " ...Un Río de Vida".
Esta fase centrarase en coñecer como é a vida da nosa vila arredor do Lameira e como nós podemos contribuír para protexelo; así como o impacto que causan as nosas accións sobre o mesmo.
A vida do río: Biodiversidade.
A conservación das augas limpas.
A importancia das especies animais e vexetais…
A súa conservación como parte do patrimonio natural...
Aproveitamento da auga.
A actividade económica arredor do río, agora e antes.
O Muíño: a enerxía hidráulica
Os lavadoiros
A praza de Abastos
A pesca
As fincas e terreos cultivables...
Atractivo turístico e cultural.
O paseo fluvial
Fontes e lavadoiros como bens do patrimonio cultural
As pontes.
Cantares populares arredor dos lavadoiros ou con temática relacionada...
Terceiro trimestre
A terceira fase do PDI que será de exposicións (orais, muráis, dixitais…) do traballado a toda a comunidade escolar, invitación ás familias.Recompilarase os traballos en diversos formatos: Libro tradicional (como producións propias), Book Creator, Genially, Sway, Canva, radio, audiovisuais…
Como remate final do proxecto e producto final relevante organizarase unha “Paseo ... de concienciación arredor do Lameira; na que cada clase elixirá un lema alusivo o PDI, na que se reflicta unha mensaxe motivadora para coidar o noso río Lameira, e portará unha pancarta co mesmo.
Temas transversais
Ao longo de todo o curso traballeremos o tema relacionandoo coas distintas conmemoracións
CEIP Sequelo- Marín. PDI.