O NOSO LAMEIRA:

UN RÍO DE VIDA

Proxecto no que se traballará...

Obxectivo do proxecto

Este proxecto ten como obxectivo a  protección do noso río Lameira, como xeito de protexernos a nós mesmos, fomentar bos hábitos e coñecer a súa evolución 

ao  longo dos últimos 50 anos e máis...


Planificación do proxecto

Primeiro trimestre

Comezarase a primeira fase do PDI coa proposta 

 " O noso Lameira..." partindo do máis próximo a nós... 

Centrarase esta primeira fase no coñecemento das partes do río: 

nacemento, curso, pontes, lavadoiros, cambios na paisaxe...

Procura de información a través das familias, das bibliotecas, entrevistas para coñecer:



Visitas ao noso Lameira para ver:

A transformación da paisaxe segundo a estación do ano:

Procura de información a través das familias, das bibliotecas, entrevistas... para coñecer:





Segundo trimestre

Segunda fase do PDI, " ...Un Río de Vida".

Esta fase centrarase en coñecer como é a vida da nosa vila arredor do Lameira e como nós podemos contribuír para protexelo; así como o impacto que causan as nosas accións sobre o mesmo.


A vida do río: Biodiversidade.



A actividade económica arredor do río, agora e antes.


Atractivo turístico e cultural.

 

Terceiro trimestre

A terceira fase do PDI que será de exposicións (orais, muráis, dixitais…) do  traballado a toda a comunidade escolar, invitación ás familias.Recompilarase os traballos en diversos formatos: Libro tradicional (como producións propias), Book Creator, Genially, Sway, Canva, radio, audiovisuais…

Como remate final do proxecto e producto final relevante organizarase unha “Paseo ... de concienciación arredor do Lameira;  na que cada clase elixirá un lema alusivo o PDI, na que se reflicta unha mensaxe motivadora para coidar o noso río Lameira, e portará unha pancarta co mesmo.

Temas transversais

Ao longo de todo o curso traballeremos o tema relacionandoo coas distintas conmemoracións

 CEIP Sequelo- Marín. PDI

Curso 2023-2024