Cada pinga conta

Xustificación

A auga é un elemento que está necesariamente presente nas nosas vidas e resulta indispensable para a saúde e o benestar das persoas así como para a preservación do medio ambiente. Ningún ser vivo pode sobrevivir sen auga.

A auga está nas billas, na lavadora, nas botellas de auga, nos charcos, nos regatos ou nas fontes. Pero, ás veces, non se ten conciencia da súa necesidade e de que forma parte do noso corpo e dos alimentos que saboreamos cada día.

Precisamos que haxa un cambio de actitude con respecto ao uso deste recurso, por iso temos que crear no alumnado e no resto da comunidade educativa hábitos de respecto cara a auga e suscitar a reflexión sobre diferentes cuestións relacionadas con ela :

Como pode ser que no século XXI haxa no mundo persoas que non teñen acceso a unha fonte segura de auga potable?

A que é debido que cada ano se produzan máis desastres naturais relacionados coa auga?

Por que cada vez máis a miúdo se producen secas que agravan a situación das plantas e os animais, diminuíndo as colleitas e favorecendo a proliferación dos incendios forestais ?

Ademais, queremos afondar en aspectos como o ciclo da auga, as fontes de auga na nosa contorna, a auga como fonte de enerxía, a contaminación das augas, os usos terapéuticos da auga ... e outras que irán aparecendo ao longo do curso.

Tamén reflexionaremos sobre a importancia da auga na literatura, pois aparece en contos, poemas, cancións, adiviñas, refráns

Basearémonos nos coñecementos previos do alumnado e crearemos situacións que permitan pescudar diferentes fontes e empregar o procedemento cintífico para xerar novos coñecementos.

Obxectivos

  • Descubrir os diferentes usos da auga.

  • Dar a coñecer as propiedades da aug

  • Descubrir e profundizar no coñecemento do ciclo da auga e a súa importancia no ciclo da vida

  • Distinguir os diferentes ecosistemas acuáticos e as adaptacións dos seres vivos ao medio acuático

  • Ampliar vocabulario relativo a seres vivos que vivan no río ou no mar (algas, peixes ...)

  • Coñecer profesións que teñen relación coa auga

  • Observar a importancia da auga para o clima e a configuración da paisaxe. Visitar o canón do Sil

  • Coñecer os diferentes tipos de precipitacións e os seus efectos sobre o medio ambiente

  • Entender a importancia da auga nos seus diferentes estados para manter o equilibrio medioambiental

  • Coñecer os principais indicadores do cambio climático e os seus efectos

  • Fomentar valores de respecto polo medio ambiente e solidariedade no uso dos recursos que permitan unha mellor sustentabilidade

  • Aprender a xestionar o uso da auga de forma responsable.

  • Realizar estudios sobre o consumo de peixe

  • Disfrutar do ocio na agua de maneira responsable e respectuosa co medioambiente. / Deportes acuáticos

  • Coñecer os usos terapéuticos da auga: termalismo. Visitar algunha das pozas de augas termais

  • Coñecer os diferentes medios de transporte acuático ao longo da historia

  • Realizar experimentos nos que se demostren as diferentes propiedades da auga e as suas aplicacions.

  • Estudiar a forza hidráulica, descubrimiento e uso a través da historia. Visitar unha presa hidroeléctrica

  • . Coñecer os diferentes procesos de tratamento da agua: depuración e potabilización. Visitar unha depuradora

  • Coñecer os diferentes mecanismos de extracción da agua para consumo humano

  • Estudiar a relación das diferentes culturas coa auga en relación cos mitos e lendas

  • Deseñar situacións que posibiliten que o alumnado organice, amplie e enriqueza os coñecementos sobre a contorna social e cultural

  • Utilizar as TICs e a lectura como fonte de consulta e como recurso para o logro das aprendizaxes.

  • Crear espazos e actividades motivadoras, no contexto da escola, que inciten a saber mais.

  • Adoptar hábitos de traballo en grupo, favorecendo a comunicación.

  • Favorecer actividades de expresión oral en público.

Contribución ao desenvolvemento das Competencias

  • Competencia en comunicación lingüística:

Achegando un vocabulario específico relacionado coa auga. Procurando tarefas de comprensión a través do descubrimento, e de expresión a hora de expoñer o aprendido diante dos compañeiros.

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:

Proporcionando coñecementos sobre a auga nos diferentes estados, contextos, localizacións xeográficas e situacións medioambientais. Así mesmo, tomar conciencia da grande importancia da auga para o noso planeta e do aforro deste recurso.

  • Tratamento da información e competencia dixital:

Promovendo a investigación do alumno/a por medio dos diversos recursos informáticos, Tics. Tamén nos vai permitir a preparación das exposicións, a través de Power Point, actividades LIM, etc

  • Competencia social e cidadá:

Xa que é un medio eficaz para facilitar a integración e fomentar o respecto, contribuíndo ao desenvolvemento da cooperación, a igualdade e o traballo en equipo.

  • Competencia cultural e artística:

Recoñecendo a importancia que tivo a auga ao longo da historia para o asentamento das grandes culturas, así como a importancia da auga para o desenvolvemento de Galicia: lavadoiros,fontes, muíños, pozas termais, centrais hidroeléctricas, portos pesqueiros, industrias conserveiras e navais,

Expresar os coñecementos adquiridos a través de debuxos, paneis, teatro ou cantigas.

  • Competencia de aprender a aprender:

Ofrecendo recursos para a planificación da súa propia actividade , así como a posibilidade de utilizar os medios informáticos na procura de información. O eixe dos proxectos documentais é fomentar o interese por saber máis, aprender a acceder aos coñecementos, a como organizalos e xestionalos, é dicir, aprender a aprender.

  • Competencia de autonomía e iniciativa persoal:

Na medida en que o alumno/a se enfronta a situacións nas que é o protagonista da súa propia aprendizaxe e a actividades globais onde as súas decisións repercuten no logro dos obxectivos do seu propio equipo.

  • Competencia emocional:

En tanto que as diferentes actividades permiten fomentar o espírito de superación, de colaboración e de esforzo.