Sobre nós

 

Nós

Camilo Vila encabeza un proxecto ilusionante que conseguiu reunir xente con traxectoria en tódalas áreas do ámbito municipal. Camilo V., educador social e pedagogo de profesión, leva 15 anos xestionando fondos públicos e está motivado con poñer ó servizo do pobo o seu coñecemento e capacidades.  Ó seu lado están profesionais do eido da enxeñaría, do dereito, da educación, da sanidade, do deporte, das artes ou da informática. Un equipo con preparación e coa ilusión de facer de Xinzo un concello do que estar orgullosos e orgullosas.