Xinzo Merece Máis
Queremos un concello que mereza un 10 e un concello que volva ós 10.000. Perdemos xente cada día e cómpre xuntarnos todos e todas para parar isto.
Xinzo de Limia ten que ser a capital moderna real e cabeza tractora dunha das comarcas máis produtivas do País. Aldeas e vila unidas sen complexos para afrontar os retos que xa temos, coma o demográfico, ou os que están por vir. Se deixamos morrer ós nosos pobos, morreremos nós.
Camilo Vila encabeza un proxecto ilusionante que conseguiu reunir xente con traxectoria en tódalas áreas do ámbito municipal. Camilo V., educador social e pedagogo de profesión, leva 15 anos xestionando fondos públicos e está motivado con poñer ó servizo do pobo o seu coñecemento e capacidades. Ó seu lado están profesionais do eido da enxeñaría, do dereito, da educación, da sanidade, do deporte, das artes ou da informática. Un equipo con preparación e coa ilusión de facer de Xinzo un concello do que estar orgullosos e orgullosas.
Só cun obxectivo claro e unha estratexia potente poderemos facer que Xinzo sexa un concello que medre, que dea traballo para poder vivir nel, en comunidade, coidándonos e desfrutando de estar onde queremos estar. Así que o noso obxectivo é que Xinzo teña vida.
Que Xinzo sexa un concello de 10.