Este é o clube de lectura do CEIP Laverde Ruíz para o alumnado de 5º e 6º que chamamos Chocolate con Letras e que nace no curso
2024-2025.
PROXECTO 2025/2026
DATOS IDENTIFICATIVOS:
Título do proxecto: Chocolate con Letras
Destinatarios: Alumnado de 10 a 11 años (3º ciclo de Educación Primaria).
Temporalización: ano académico; reunións trimestrais (unha por cada libro).
FUNDAMENTACIÓN E DIAGNOSE:
ANÁLISE: Obsérvase que o alumnado desta idade domina a mecánica lectora, mais precisa incentivos para conseguir un hábito e disfrute lector.
XUSTIFICACIÓN: Este proxecto une o placer sensorial do chocolate e a merenda coa competencia literaria, reforzando o uso da lingua galega a través de autores clave no panorama actual da literatura infantoxuvenil galega.
OBXECTIVOS DO CLUBE DE LECTURA:
Fomentar o placer da lectura asociada a un evento social, lúdico, pedagóxico e gastronómico positivo.
Diversificar os xéneros literarios: Traballamos narrativa de misterio, o texto dramático mediante o teatro e a linguaxe visual mediante o cómic.
Desenvolver a competencia social: Debatir opinións e ideas con respecto do turno de palabra e dos plantexamentos e gustos do outro.
LIÑAS DE ACTUACIÓN DO PROXECTO:
1º trimestre: PROMOCIÓN E INSCRIPCIÓNS NO CLUBE
ENTREGA DE CARNETS LECTORES DO CLUBE
NOVELA: O MISTERIO DE PORTOMARÍN DE ANTÍA YÁÑEZ
LIBEPISTAS PARA O 1º LIBRO
ACTIVIDADES DO 1º LIBRO
AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE
TEATRO: O CARTEIRO DE XIMARAOS DE CARLOS LABRAÑA.
2º trimestre: PROMOCIÓN DO 2º LIBRO
ACTIVIDADES DO 2º LIBRO
AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE
CÓMIC
3º trimestre: PROMOCIÓN DO 3º LIBRO
ACTIVIDADES DO 3º LIBRO
AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE
LECTURAS E ACTIVIDADES REALIZADAS 25/26
O MISTERIO DE PORTOMARÍN. ANTÍA YÁÑEZ.
EDITORIAL ÁRBORE-GALAXIA.
Actividade:
O CARTEIRO DE XIMARAOS. CARLOS LABRAÑA.
EDICIÓNS XERAIS
VÍDEO ACTIVIDADES
ACTIVIDADE MONICREQUES
ACTIVIDADE POSTAL
RECURSOS E ORGANIZACIÓN
ESPAZO: Biblioteca do CEIP LAVERDE RUÏZ
MATERIAIS: Libros da biblioteca escolar, ingredientes para as merendas, teatriño de madeira para o guiñol e materiais funxibles.
PERSOAIS: Colaboradoras da Biblioteca Libeteca. Organización Concepto Circo (derradeira actividade do curso).
SEGUEMENTO E AVALIACIÓN
INDICADOR DE ÉXITO: Participación voluntaria superior ao 80%. Continuidade no proxecto de máis do 90% de alumnado inscrito..
AVALIACIÓN CONTÍNUA: Escalas de avaliación facilitadas. Folla de observación da coordinación.
PRODUTO FINAL: Pasaporte Lector onde cada alumno sela as súas 3 lecturas e anota a súa puntuación para cada libro.
DIFUSIÓN: Fotos das sesións, dos traballos realizados e materiais no blogue da Biblioteca do centro.
CONCLUSIÓNS E PROPOSTAS DE MELLORA: Duración e cantidade de actividades no segundo trimestre.
Búsqueda de datas