O mar está moi presente na vida cotiá da poboación da Estrada, sobre todo no relacionado cos momentos de lecer estival. Dende esta perspectiva xa se fai interesante abordar o seu estudo. Pero ademáis, o mar é a fonte de moitos dos recursos que consumimos as persoas, e, no peor dos casos é o destino de moitos dos residuos que xeneramos.
Faise necesario un maior coñecemento do mar, para sobre todo, respectalo e coidalo, porque diso depende o benestar do noso planeta.
É misión da biblioteca escolar dar ao alumnado un sentido de coherencia nos seus estudos, un sentido de propósito, de significado, de interconexión naquelo que aprende. E un dos xeitos máis efectivos de acadalo, é a realización de proxectos documentais.
A posta en marcha dun PDI supón un abano amplo de posibilidades en canto a actividades. Coma proposta que é, a adhesión é voluntaria por parte das titoras. Pero é reconfortante que a maioría das clases participan na case totalidade das actividades. Incluso hai quen as amplía a mellora.
A aprendizaxe por proxectos permite desenvolver diferentes linguaxes: escrito para buscar e rehacer a infromación, oral para transmitir o contido do traballo,, plástico e artístico para elaborar algunhas das producións, o uso das TIC para presentar os temas …, e favcorece o desenvolvemento de capacidades como : planificar, comprender, seleccionar, consensuar, argumentar, expoñer….
- Achegarse ao mar dun xeito afectivo que acade unha actitude favorable e respectuosa con este ecosistema.
- Coñecer a biodiversidade do ecosistema mariño, principais especies de flora, e sobre todo, de fauna.
- Valorar o mar como fonte de recursos.
- Identificar as principais profesións relacionadas coa vida no mar e do mar.
- Descubrir o mar como canle importante dos desprazamentos humanos, ao longo da historia.
- Achegarnos ao mar dende as múltiples perspectivas artísticas, valorando as producións xa recoñecidas e creando as propias.
- Recoñecer a acción humana na situación actual que presenta o mar, no que a contaminación e degradación se refire.
Tendo en conta os obxectivos propostos no Plan anual de lectura, pasamos a ver polo miudo, como contribúe o PDI AMAROMAR á súa consecución:
- Fomentar o hábito da lectura.
- Desenvolver a competencia lectora (comprensión lectora).
- Favorecer e potenciar o uso da B.E. e de aula no traballo diario.
- Estimular a autoestima e coñecer os gustos e preferencias dos alumnos/as.
- Educar no uso crítico da información.
- Favorecer o uso das TICs
Os contidos que se pretenden traballar con este PDI, parten do tratamento do MAR dende múltiples perspectivas:
- BIODIVERSIDADE
- CONTAMINACIÓN
- ALIMENTACIÓN: pesca, cultivos, algas…
- SAÚDE: talasoterapia, farmacéutica,
- ENERXÍA
- LABORAIS: profesións relacionadas co mar
- MEDIOS DE TRANSPORTE MARÍTIMOS
- ARTES DE PESCA
- APARELLOS
- RUTAS: grandes viaxes
- LITERATURA
- MÚSICA
- PINTURA
- CINE
- PRAIA
- DEPORTES
- XOGOS e ENREDOS