Colocación dos materiais na biblioteca

A biblioteca conta con diferentes materiais: libros de ficción, libros informativos, xogos, material manipulable, recursos en internet...

Os fondos da biblioteca están organizados seguindo a CDU (clasificación decimal universal) Cada número fai referencia a un tema ou materia diferente.

Todos os libros da biblioteca levan unha etiqueta que recolle información para axudarnos a colocalos no estante que corresponde.

A etiqueta está formada por tres sinaturas:

  • Na sinatura 1 aparece o número da CDU.

  • Na sinatura 2 recollese as tres primeiras letras en maiúscula do primeiro apelido da autora ou do autor.

  • Na sinatura 3 atopamos as tres primerias letras do título do libro sen artigos nen preposicións.

  • Os libros informativos poden levar na sinatura 1 calquera dos números da CDU.

  • Na sinatura 1 dos libros de ficción sempre aparece o número 82 acompañado doutros números ou letras:

    • 821 Galego

    • 822 Castelá

      • 821N - Narrativa galega

      • 821P - Poesía galega

      • 821T - Teatro galego

    • 823 Inglés

    • 824 Francés

    • 825 Portugués