Tendo en conta que o traballo o realizaredes en grupos de 3 ou 4, podemos destacar un proceso dividido nas seguintes partes:
- Por un lado, cada alumno do grupo de maneira individual realizará unha búsqueda e recopilación daquela información que considere máis importante para a realización da que será a seguinte: Dous membros do grupo terán que buscar sobre noticias de violencia de xénero individuais, como poderían ser a definición, os tipos de violencia que existen…
O membro ou membros restantes encargaranse das noticias actuáis en España.
- Unha vez acabado este proceso, faredes unha posta en común no grupo para determinar qué contido formal e que noticias da violencia de xénero poderían ser incluídas nela.
- Por último, en grupo, realizaredes a propia portada, atendendo ao deseño e información, e utilizando a poder ser recursos relacionados coas TIC. Un recurso moi recomendado podería ser a ferramenta de Genially, que inclúe plantillas para realizar dita portada. Sen embargo, aqueles grupos que o prefiran, poderán facer a portada a man. Esta deberá de ter polo menos un nome para o periódico, a data e número de publicación e o prezo, unha noticia principal cun titular (a que consideredes máis importante) e varias noticias secundarias. Unha vez rematada a portada será exposta polos membros do grupo, argumentando o porqué de incluir as noticias introducidas.