O vindeiro 9 de maio presentaremos a Asociación Veciñal As Carballeiras cun roteiro de balde polo barrio de Fingoi guiado por unha persoa da zona. Agardámoste ás 11:30 horas diante do local social de Fingoi.
O vindeiro luns como Asociación, acudiremos a este encontro para propoñer e escoitar as novas propostas de mobilidade do Concello.
O mércores 28 de xaneiro, a Xunta Directiva da Asociación reuniuse ás 19:30 horas no Centro de Convivencia de Fingoi para ultimar os preparativos da presentación oficial da entidade e decidiuse convocar unha nova reunión para ultimar os preparativos da presentación da asociación, que terá lugar o día 28 de febreiro.
Se queres propoñer unha actividade, facer unha suxestión ou participar, podes contactar connosco desde a sección Contacto.