Nesta actividade imos falar sobre as emocións, que son estados internos caracterizados por pensamentos, sensacións e condutas subxectivas. Son universais, propias do ser humano, e serven, entre outras cousas, para comunicarnos cos demais.
En primeiro lugar buscaremos información sobre as diferentes emocións que expresan as persoas dependendo do seu estado de ánimo. Tamén intentaremos reflexionar sobre como responder de forma empática ás emocións dos demais.
Terás que contestar as PREGUNTAS axudándote da información que vas atopar a través dos enlaces da páxina de RECURSOS. Non esquezas responder á GRAN PREGUNTA. E por último, na sección de AVALIACIÓN podes ver como será valorada a actividade.
Moita sorte nesta Caza do Tesouro!