Luís Henrique Correa Piñeiro naceu en Vigo en 1971 é un músico e regueifeiro galego alcumado O Caruncho,
Comezou a recibir clases de baile tradicional galego con 9 anos. Descubriu a zanfona da man do grupo Múxicas na década de 1990, continuou a súa formación co instrumento e deseguido empezou a facer actuacións interpretando cantos de cego acompañado coa música da zanfona.
Destaca tamén o seu interese pola recuperación e divulgación da regueifa e como gaiteiro, impartindo clases de música tradicional galega.
É membro ou participa en diversos grupos musicais como Os Carunchos, Os Folieiros, Zurrumalla, o coro galego Cantares de Brión, o dúo de zanfona Sobre Rodas e os regueifeiros Trioliro.