Apadriñamento 15/16:

Fran Alonso

O 19 de Maio recibimos na escola a Fran Alonso, o padriño de aula de 4ºEP, no marco do proxecto de biblioteca e ENLG que pretende poñer en valor ós autores e autoras da literatura infantil galega. Ao longo do acto, os nenos e nenas do CEIP Carlos Casares, que traballaron durante todo o curso con diversos libros de Fran Alonso, fóronlle presentando ao escritor os seus traballos, que eran videográficos, plásticos, teatrais, de memoria e oralidade, recitais poéticos e contacontos segundo os grupos. Todos os nenos e nenas do centro, de Educación Infantil a 6º de Primaria, participaron no acto. Ademais, o centro agasallou a Fran Alonso cunha magnífica ilustracion de Ignacio Hernández realizada a partir dun poema de Cidades.