Un proxecto levado a cabo por Laura Maya González, Adrián Domínguez Fraíz, Paula da Calzada Rodríguez e Alicia Senin Míguez.
Benvidos a todos e a todas ao noso proxecto!
Somos catro alumnos que estamos cursando primeiro de bacharelato no IES Pedro Floriani en Redondela.
Nesta páxina web presentamos o libro que realizamos sobre a migración e a discriminación en Galiza. A través da escritura deste libro, exploramos a realidade que viven moitas das persoas inmigrantes que residen aquí e tratamos moita información relevante sobre o tema.
Este proxecto nace para concienciarnos a todos e todas da situación arredor da migración en Galiza. Ao longo da historia, Galiza foi terra de emigrantes, pero hoxe en día habitan aquí numerosas persoas de rincóns moi diversos do mundo.
Debido ás diferencias culturais, a convivencia entre os recién chegados e os autóctonos non é sempre doada. Moitas persoas migrantes enfróntanse a dificultades como a exclusión social, os prexuízos e a falta de oportunidades.
Por iso, decidimos escribir un libro que conteña información que nos faga aprender acerca dunha parte da poboación que está en aumento.
Informar a sociedade sobre as causas e consecuencias da discriminación.
Fomentar o respeto e a empatía hacia persoas de diferentes culturas e orixes.
Reflexionar sobre a importancia da convivencia e o respeto nunha sociedade diversa.
Contribuir a reducir prexuízos e estereotipos mediante a educación.
Contidos do libro:
O noso libro divídese en dous bloques, e ademais contén un prólogo para preparar adecuadamente ao lector e unha conclusión acerca dos contidos reflectidos entre as nosas páxinas:
Esta parte céntrase especialmente nas causas e consecuencias a tódolos niveis que ten a migración galega na nosa poboación:
Causas da migración en tódolos ámbitos.
Comparación entre a migración galega levada a cabo hai varios séculos coa actual, detallando as condicións de ambalasdúas.
Trátase o contexto histórico, os países destinatarios, ou as condicións de vida da época, ademais das rutas que se seguen na actualidade, as políticas existentes ou os lugares emisores.
Consecuencias que trae a migración na actualidade.
Esta outra parte é máis detallada e informativa, pois trata definicións clave para comprender ben o tema:
Explicación de conceptos clave, tales coma prexuízo, xenofobia ou estereotipo.
Resumo histórico do racismo en occidente.
O racismo na actualidade, ámbitos nos que se manifesta e grupos que máis o sofren.
Causas do racismo actual, as desigualdades económicas ou a desinformación, entre outros.
Consecuencias que trae a migración en tódolos ámbitos.
Tódalas respostas existentes fronte ao racismo, en forma de movementos, leis ou organizacións.
Vivimos nun mundo no que as fronteiras e a distancia nos separan e afastan das demais culturas.
Este libro mostra a nosa investigación realizada para descubrir as causas que empurran a millóns de persoas a abandonar o seu fogar.
Mais a migración non chega soa. Xunto con ela aparecen tamén os prexuízos, o racismo e a discriminación. A nosa obra describe a historia das ideoloxías racistas en Occidente para amosar a orixe de moitos dos discursos de odio actuais.
A través da nosa análise, convidamos aos lectores a cuestionarse a realidade con obxectividade, para cuestionar estereotipos e comprender as consecuencias da exclusión.
Este é un libro con información actual e totalmente necesaria para todos e todas nós. Non só informa, senón que tamén fai reflexionar sobre cómo evoluciona a nosa sociedade nun mundo cada vez máis dividido.