Chímpate Pepa !

Nas illas Cíes vive Pepa, a máis nova dunha familia de corvos mariños cristados. Un día, Pepa botouse a voar cara a arriba e non cara ao océano Atlántico, e todos os seus irmáns, todas as gaivotas choronas, as gaivotas patiamarelas, as pillaras papudas e o resto dos animais berraban: "Chímpate, Pepa".


Fotos e son dalgunhas das aves mariñas de Galicia, coa música de fondo de Luar Na Lubre. (Fotos de rios-galegos.com e flickr.com, son tirado dun CD de cantos de Aves de España)

As aves, por orde de aparición son:

- Arao

- Gaivota escura

- Gaivota patiamarela

- Gaivota arxentea

- Gaivota cabecinegra

- Gaivota chorona

- Pardela cincenta

- Charrán cristado

- Charrán comun

- Corvo mariño cristado

- Corvo mariño grande

- Paíño

Neste video recóllese o traballo de protección da nidificación da píllara papuda (tamén coñecida como píllara das dunas, e chorlitejo patinegro en castelán, e Charadrius alexandrinus en latín) en Praia América, Nigrán, durante o verán de 2012, coa participación de voluntariado da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). Pese á gran presión humana neste areal nos meses de verán, dos tres ovos do niño protexido, un polo logrou completar o seu crecemento.