O proxecto

DESTINATARIOS

  • Persoas maiores de 60 años.
  • Que teñan recoñecida a situación de dependencia moderada e severa, grado I y grado II respectivamente.

***NOTA: Os trámites para a solicitude de dependencia e para o recoñecemento de praza faranse a través da Traballadora Social do Concello de Os Blancos.

  • Empadroadas no mesmo Concello, ou nun Concello limítrofe onde non existan recursos de atención ás persoas maiores.
  • Máximo 5 prazas.

OBXECTIVOS

  1. Atención integral e personalizada.
  2. Axuda nas necesidades básicas: alimentación e hixiene.
  3. Desenvolvemento de actividades de tempo libre e entrenamento cognitivo.
  4. Procurar o mantemento no seu medio social habitual.
  5. Evitar o internamento en institucións.

HORARIO DE APERTURA

  • Aberto ata 8 horas ó día (adaptable) en atención diurna.
  • De luns a venres.
  • Cerrado os festivos e un mes de vacacións.

PREZO

Gratuíto, agás o servizo de comidas.

TRANSPORTE

O Concello de Os Blancos facilitaralles ós usuarios un servizo de transporte adaptado.