Quen é o noso padriño?

Ficha do autor na editorial Xerais

"Cada día un libro" Tvg Recomendacións

Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.

Recibiu o premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar[.

Participou en movementos de renovación pedagóxica, e impartiu varios cursos de animación á lectura e creación literaria. Tamén ten traducido obra doutros autores, e dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario.