O xoves 7 de outubro baixamos á biblioteca para facer a actividades introductoria do proxecto.
Escondida entre os entantes atopamos uha maleta que petence a Pacho, ao parecer perdeuna nuha das súas viaxes e devolvéronlla á dirección onde vive: a biblioteca do cole de Leirado.
No seu interior había unha carta dirixida a Pacho, onde o informaban da devolución da maleta. Tamén un mapa mundi, uns prismáticos, unha cámara de fotos , un compás...
...e unha carta de Lara!!
UNHA CARTA DE LARA.pdf
E así foi como soubemos o tema do proxecto do cole para este curso e nos enteramos que viaxaríamos aos países de Norteamérica.