‐ Comunicación Lingüística:
Todas as fases do proxecto influen directamente na mellora desta competencia en todos os seus aspectos: expresión escrita (redacción dun diario de traballo, descripción de esceas e diálogos do guion,…), expresión oral (interpretación de personaxes, comunicación no traballo en equipo, presentación de resultados,…), comprensión escrita (seguimento das actividades de formación e dos distintos documentos escritos do proyecto), comprensión oral ( comunicacions en gran grupo, nas reunions do equipo,…)
‐ Cultural e Artística:
Todos os aspectos artísticos (interpretación, imaxe, son , música,…) que interveñen neste proxecto contribúen directamente ao desenvolvemento desta competencia.
‐ Aprender a Aprender.
Unidas as actividades que desenvolverá o alumnado no seguimento do curso online, favorecerán tamén esta competencia outras iniciativas de autoaprendizaxe do propio alumno para resolver cuestions técnicas ou artísticas do proyecto
‐ Iniciativa e Autonomía Personal:
Todas as actividades do proxecto propician o desenvolvemento das iniciativaas e o traballo autónomo do alumnado .
‐ Tratamiento da Información e Competencia Dixital:
O desenvolvemento desta competencia verase propiciado non só polas TTIC que interveñen no desenrolo do proxecto (emprego de equipos de gravación de imaxes e sons, programas de edición, procesamento de textos e presentacións, espazos na rede para a formación e difusión dos materiasi) senón tamén polas tarefas a realizar para a obtención e procesamento da información sobre cuestións prácticas da produción e a documentación do guión.
‐ Competencia Social e Cidadá:
O traballo colaborativo e de todo o alumnado asumindo responsabilidades, cumprindo e respectando acordos... incide directamente no desenvolvemento desa competencia.