Unha das finalidades da EP é facilitar ao alumnado aprendizaxes que favorezan o desenvolvemento da súa personalidade e que os preparen para a súa vida adulta, e na escola empregamos diferentes linguaxes para alcanzar este fin.

A linguaxe audiovisual en xeral e o cine en particular permiten captar a atención do alumnado e, como comprobamos o curso pasado, funcionan coma importantes ferramentas didácticas que contribúen a desenvolver as súas competencias

Ao longo deste curso pretendemos que o noso proxecto documental dea un xiro para facelo máis práctico.

Imos seguir traballando sobre o cinema, pero dende outra erspectiva : queremos aprender a facer películas e dobraxes, empregar diferentes técnicas de creación de curtas, aprender a crear un guión ,decorados, maquillaxe