Podes facerte cun xogo usando materiais que se poden conseguir en calquera bazar ou tenda chinesa:
Unha caixa de madeira pequena, xogo de palillos, bolas de poliexpán, placa de cartón-pluma, broca para madeira, cola para madeira e pintura acrílica (dúas cores).
Comézase furando a tapa da caixa cunha broca do mesmo diámetro dos palillos. Fanse os 11 furados de acordo coa plantilla que se pode descargar e imprimir en papel. Despois córtase no cartón pluma un rectángulo do mesmo tamaño que o interior da caixa. Colócase debaixo da tapa e fanse os mesmos furados pasando a broca polos feitos na madeira da tapa.
Cólanse uns anacos de cartón pluma por debaixo do rectángulo para separalo da base da caixa, e despois cólanse estes anacos sobre a base da caixa. Comprobar que se poden inserir os palillos desde arriba en cada furado, ata a base da caixa (atravesando os furados do rectángulo) e que quedan rectos. De nons er así, tentar rectificar ou refacer o rectángulo.
Para cortar os palillos úsase a propia tapa da caixa como regra. Comeza polo palillo máis pequeno, que debe chegar ata o fondo da caixa e sobresaír un chisco da tapa.
Despois, córtase o palillo máis longo, de xeito que a distancia entre eles sexa igual á separación entre os tres furados máis afastados (como na foto).
Comprobar que o palillo grande cabe dentro da caixa, de non ser así hai que recortar tanto o grande como o pequeno por igual.
Despois, vanse cortando o resto dos palillos tendo en conta que os saltos en tamaño entre eles son iguais á separación entre furados.
Comprobar que os palillos forman o tetraedro e que as liñas entre eles son rectas.
Furar as boliñas de poliespán (o mellor é usar un alfiler, arame ou punta delgada quentándoo cujnha vela e procurando adaptar o furado á punta dos palillos (se estas son demasiadoa afiadas, convén desmochalas un chisco).
Comprobar que todas as bolas encaixan nos palillos, e que todas as pezas caben dentro da caixa.