Tabeirós-Terra de Montes

Patrimonio natural, material e inmaterial

Normalización da lingua galega e difusión da nosa literatura

Verdade, Xustiza, Reparación e Garantías de non repetición

A Asociación Cultural “Vagalumes” de Tabeirós-Terra de Montes nace da necesidade de dar continuidade ao movemento asociativo que no último cuarto de século XX foi quen de combater a prol da nosa cultura na nosa comarca. As asociacións que formaron parte daquel movemento lograron que as institucións fosen progresivamente asumindo moitas das súas demandas e tarefas, ao mesmo tempo que elas decaian neste labor. Falamos da A. C. A Estrada. O Brado. Zarabeto. Contrarretranca. Verbo Xido, etc.

E foi necesario recuperar ese pulo debido á ruptura no que debería ter sido a evolución lóxica das institucións, a de poñerse a cada paso máis ao servizo do pais ao que se deben. Pola contra, atopámonos con gobernos que prohiben a nosa lingua no ensino, abandonan á súa sorte o noso patrimonio e proscriben a recuperación da nosa memoria histórica. Deixando en evidencia que nada é irreversíbel e que está na man de todas e todos avanzar cara saber do noso, valorarnos e loitar contra o que nos nega e despreza.

Por iso xorde “Vagalumes" conectando co espírito da obra do poeta de Codeseda que leva ese nome, para traballar a prol da:

Investigaremos, defenderemos e difundiremos o noso patrimonio material, inmaterial e natural como herdanza para transmitir enriquecida ás novas xeracións.

Comprometémonos coa promoción do noso idioma e combateremos a súa persecución, exclusión e exterminio.

Loitaremos contra a impunidade fronte aos crimes que se cometeron coa nosa veciñanza. Sen  esquecelos xamais e esixindo verdade, xustiza e garantías de que o fascismo nunca volverá.

Somos Nación

Plataforma Queremos Galego!

Iniciativa Galega pola Memoria

Vía Galega

Federación Galiza Cultura