No noso centro educativo apostamos por un enfoque práctico e integrador da ciencia, no que a meteoroloxía actúa como fío condutor entre materias como Física e Química e Tecnoloxía.
A través deste proxecto multidisciplinar, buscamos que o alumnado comprenda meteoroloxía como algo vivo e conectado coa súa realidade cotiá, desenvolvendo ao mesmo tempo habilidades críticas e colaborativa.
O alumnado do Club de Ciencias diseñou e elaborou fornos solares reciclando caixas de cartón para darlle unha nova vida.
Melloramos o diseño de cursos anteriores e engadimos unha cámara con restos de polímeros plásticos, para aillar mellor a calor.
Nunha das primeiras sesións do Club na que traballamos o proxecto Meteoescolas, realizamos uns experimentos realizados en cursos anteriores.
Estes experimentos trataban de demostrar a existencia da presión atmosférica.
Noutra sesión adicada ao Proxecto Meteoescolas, tratamos de "fabricar" auroras boreais dentro de pingas de auga.
Este experimento basease na reacción química entre o hidróxido de sodio e o cloruro de cobalto.
No mes de febreiro, o papel fotográfico nas cámaras solarigráficas instaladas o curso anterior no exterior do centro.
O resultado foi moi bo. Puidemos observar as líneas sobre a fotografía que representan o movemento do sol sobre o ceo durante todos estes meses.
Como en cursos anteriores, o alumnado do Club de Ciencias fabricou e instalou diferentes cámaras solarigráficas que serán reveladas no curso seguinte.
Dentro das cámaras colocouse papel sensible á luz, e en dito papel observaranse líneas que indican o percorrido do sol polo ceo durante todos os meses próximos.
O noso centro educativo foi un dos afortunados e foi considerado como Meteoescola excelente pola labor deste proxecto no curso pasado.
O alumnado que participou neste proxecto o curso pasado e máis o que está a participar durante este curso, acudiu a este evento celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Foi unha xornada diferente e divertida.
Neste curso adicamos tamén unha sesión do Club de Ciencias a estudar o eclipse que se vai celebrar en agosto de 2026.
Esta actividade consistía en programar unha placa microbit para que os seus sensores poidan medir a temperatura e a luminosidade.
É moi interesante utilizar estas placas o día do eclipse, pois poderemos recoller e analizar datos sobre como vai variando co tempo a luminosidade do sol, a medida que se produce o eclipse.