- Xustificación:
Esta actividade está pensada para introducir, de xeito guiado, ao alumnado de 3º de Primaria na adquisición das competencias necesarias para a búsqueda, manexo e comunicación da información atopada en internet. A elección do tema ten relación cos contidos curriculares das áreas de lingua e ciencias sociais e coas conmemoracións escolares que xiran arredor do libro.
É unha actividade creada principalmente para que o alumnado traballe de forma individual, en canto se refiere a búsqueda de información, e de forma colaborativa na elaboración do producto final. Esto non quere dicir que non se poida tamén traballar en pequenos grupos.
2. Nivel:
3. Áreas implicadas:
- Ciencias Socias
- Linguas
- Plástica
4.- Obxectivos:
- Recoñecer e valorar a importancia do libro e da lectura para conservar e transmitir a nosa cultura.
- Espertar e consolidar o interese do noso alumnado pola lectura como elemento de disfrute.
- Desenvolver a imaxinación e a creatividade do noso alumnado á hora de crear os seus propios textos literarios.
- Coñecer algúns escritores relevantes da literatura nacional e internacional.
- Coñecer algunhas das conmemoracións que teñen como eixe central o libro e a lectura
- Buscar e seleccionar información atopada en Internet.
- Elaborar textos literarios de forma colaborativa empregando as TIC
5.-Contidos:
- A escritura e o libro en diferentes épocas da historia.
- Conmemoracións escolares que se celebran no mes de abril relacionadas co libro e a lectura.
- Autores relacionados con estas conmemoracións: Hans Christian Andersen, Shakespeare, Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega
- Búsqueda e selección de información na web
- Elaboración de traballos empregando as TIC
6. Temporalización:
- A modo orientativo e dependendo das características do grupo de alumnos de 8 a 10 sesións.
7. Recursos:
- Páxinas web proporcionadas ao alumnado
- Aula de informática do centro
- Os materiais necesarios para a realización do traballo requerido.