ROSALÍA. 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS. IES SOFÍA CASANOVA. BIBLIOTECA.
O TEMPO DE ROSALÍA
NA FICCIÓN.
Visións de época:
Santiago, os pazos, o rural galego: Los pazos de Ulloa.
Madrid: Fortunata y Jacinta.
Vida de Rosalía de Castro:
Texto teatral de Otero Pedrayo
adaptado por Vidal Bolaño.
Versión con imaxes de
Ovidio Murguía de Castro:
Por iso me chaman Rosa
mais a do triste sorrir
con espiñas para todos
sen ningunha para ti.
Cantares gallegos, 1863-2013.
Mais ve que o meu corazon
é unha rosa de cen follas...
Follas novas, 1880.
Rosalía de Castro viviu no XIX e viviu o XIX: viviu no século e co século. Moitas son as novelas -da época e posteriores- que deron conta de parte deste mundo (da súa clase social, do ambiente, das cuestións políticas, culturais…). Podemos pasear coa autora por Santiago, por Madrid, pola Coruña... Coa autora e con outros personaxes reais ou imaxinarios: non hai máis que ver o texto que nos ocupa, Rosalía. Pero esta é só unha parte do seu mundo; da outra parte, do retrato do rural galego, dos desfavorecidos, da triste realidade da Galicia da época, encargouse ela nos poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Hai 150 anos, un domingo 17 de maio, alguén dixo "Has de cantar" a unha meniña gaiteira... e deu voz a todos os que non a tiñan.
Rosalía, texto teatral de Otero Pedrayo, adaptado por Vidal Bolaño, revisase agora con todo respecto e humildade: non é nada máis -e nada menos- que un traballo de clase, no que participan os alumnos a través da biblioteca do IES Sofía Casanova. O alumnado de diferentes idades achégase á figura de Rosalía de Castro a través da lectura dramatizada deste texto biográfico, con recitado de poemas da autora e imaxes da época.