AS NOSAS ACTIVIDADES

O xoves, 16 de maio celebramos no colexio os Maios e Letras Galegas coas actividades que xa temos comentado:

PÁXINA ESPECIAL: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

  • Actuación dos mariñeiros cantando cancións populares

  • Actuación do novo coro de Celeiro, dirixido por Daniel Caxete

  • Actuación do coro do Colexio

Tamén fixemos a gravación no ximnasio, todos os alumnos e profesores, cantando e bailando a canción para o proxecto: "Amar o mar".

Durante o mes de maio estamos a levar a cabo moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas.

Na Biblioteca comezamos coas sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS que nos serven para coñecer e aprender a manexar a páxina sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO e todo sobre as LETRAS GALEGAS.

O día principal de celebración será o xoves, 16 de maio, pois celebraremos conxuntamente a FESTA DO MAIO E LETRAS GALEGAS. Na seguinte presentación podemos ver o programa de actuacións.