PROPOSTA DE ACTIVIDADES

NAS LETRAS GALEGAS

PROPOSTA DA BIBLIOSOÑOS E

DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Ola, nenas e nenos!

Xa sabedes que entramos no mes das Letras Galegas e por estas datas sempre facemos traballos especiais.

Este ano, como nos colle en confinamento nas nosas casas, imos propoñervos uns “traballiños” moi sinxelos:

  • Para todo o alumnado de Primaria

  • Traballaremos o cómic ou banda deseñada

  • Os modelos podedes descargalos das imaxes da dereita ou ben facelos directamente desde un folio copiando o modelo que queirades traballar, poñendo o voso nome e curso.

  • O tema estará relacionado coas Letras Galegas e algunha das seguintes propostas:

·Que son para vós as Letras Galegas?

·O Autor homenaxeado… Ricardo Carvalho Calero

·Tamén podedes inventar unha historia cos vosos propios personaxes

· En definitiva, que podedes realizar un pequeno cómic poñendo a vosa imaxinación a traballar.

    • Cando o teñades rematado (xa sabedes: sen faltas, ben coloreado e co voso nome e curso) mamá ou papá faralle unha foto que despois podedes enviar ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com

    • Cos traballos recibidos faremos una presentación.

    • Tedes de tempo ata o xoves 14 de maio, ás 14:00 horas

PREMEDE NAS IMAXES PARA DESCARGARLAS