RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

CEIP de Celeiro-Viveiro (Lugo)

Celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia

o 30 de xaneiro de cada ano en recordo da morte asasinado de Gandhi,

un dos grandes defensores da Paz no mundo o 30 de xaneiro de 1948.

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación No-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, No-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a No-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación da que eran obxecto . Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Paquistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter millóns de indios.