O luns, 24 de outubro, celebramos o día da nosa biblioteca "Bibliosoños". Fixemos moitas actividades:
Vimos a exposición dos libros novos da Biblioteca. Están relacionados co tema do Proxecto Integrado de dinamización que imos a traballar ao longo deste curso: AS ÁRBORES
Aos alumn@s de primaria entregáronnos os novos carnets da Biblioteca e puxemos en marcha as mochilas viaxeiras.
Traballamos a formación de usuarios e aprendimos moitas cousas sobre as etiquetas dos libros (as diferentes cores, as letras...)
Escoitamos a dramatización a través de imaxes do conto Corre, corre, cabaciña que preparou a profe Rebeca.
Rematamos a sesión cantando a canción que este ano recibiu de regalo a nosa biblioteca: Libros na Bibliosoños.
Tamén fixemos unha exposición cos marcapáxinas que preparamos para este curso