PÁXINA PRINCIPAL


Este ano as novas instalacións do CEIP Antonio Pedrosa Latas cumplen 25 anos e como os aniversarios hai que celebralos de forma especial, o centro publicou un calendario do ano 2012 que nos lembra o paso do tempo, con fotografías especiais que nos recordan momentos e vivencias entrañables.

Esta traxectoria visual de 1986 até 2011 contén desde imaxes de promocións, excursións, profesores, alumnos de onte e hoxe, visitas, celebracións no recinto escolar, etc... un bo número de recordos. 

Con el tamén aproveitamos a ocasión para recordar a todos os alumnos, alumnas, nais, pais, persoal non docente, mestres e a todas as persoas, institucións e organismos que colaboraron co noso colexio ao longo deste anos.

O COLEXIO A TRAVÉS DAS PLANTAS