CHARLAS INFORMATIVA

O xoves, 12 de novembro, tivemos unha visita moi especial: Jesús e Ángeles, dous mestres do noso colexio e que agora están xubilados.

Eles saben moito das abellas pois son abelleiros ou aicultores e viñeron a contarnos moitas cousas sobre elas: como viven nas colmeas, como se extrae o mel, os beneficios tanto das abellas como o mel que nos dan...

Todos os nenos e nenas do colexio pasaron polo Salón de Actos e alí escoitaron as explicación e viron unha colmea e moitos utensilios dos que se utilizan, elaboraron unha vela con cera das abellas, tamén fixeron moitas preguntas e disfrutaron dunha clase moi especial.

Tamén nos trouxeron un libriño informativo que nos vai axudar a comprender moito mellor

O MUNDO DAS ABELLAS

O martes, 17 de novembro, visitounos o bisavó de Lucía Fernández Rguez.

Fumos todos os nenos e nenas de infantil á Biblioteca e alí explicounos todo o relacionado coas abellas; nós tivemos oportunidade de facerlle unha chea de preguntas e aprendimos moitas cousas.

Tamén os nenos e nenas de 5º de Infantil lle fixemos uns debuxos en agradecemento para que sempre se acorde de todos nós.