A gráfica amosa o comportamento dunha disolución tampón AH/A- ante a adición de cantidades progresivas dun ácido (neste caso, HCl).
No eixe x preséntase a cantidade de ácido engadida (en unidades de concentración molar), e no eixe y, o pH da disolución.
Pódese ver que, mentres o ácido engadido non chegue a cantidades perto da concentración da especie básica (A-), o pH varía moi gradualmente. Temos un tramo en forma de meseta inclinada no que unha pequena adición de HCl non fai variar apreciablemente o pH.
Porén, ao chegar perto de esgotar a reserva de especie básica, a variación de pH tórnase brusca e desaparece o efecto tampón.
Facendo clic na figura accédese á app na que se poden variar os valores de pKa, das cantidades de ácido (AH) e base (A-) conxugadas, e da cantidade de HCl engadida. Funciona como unha calculadora gráfica que devolve o valor do pH aplicando a leide Henderson-Hasselbalch.
A figura amosa a variación do pH ao engadir un ácido a auga pura.
No eixe x preséntase o logaritmo da cantidade de ácido engadida, log(HCl), e no eixe y, o pH resultante.
A fórmula aplicada está na parte inferior esquerda da figura.
A curva ten dous tramos practicamente rectos, separados por un intervalo curvo que os une, cunha anchura dunha unidade de pH (un factor 10 de dilución).
No tramo esquerdo (liña de puntos verde), a auga pura compórtase como unha disolución amortecedora, mantendo o pH = 7 independentemente da cantidade de ácido engadida. Cando esta supera o valor de 10⁻⁷ M, porén, o sistema xa non amortece máis, e a adición de ácido modifica o pH dun xeito lineal (liña de puntos vermella, aproximación de ácido forte).
Facendo clic na figura accédese á app, que non ten parámetros variables, só o factor de escala.