MARÍA VICTORIA MORENO (2018)

CEIP de CELEIRO-Viveiro (Lugo)

As Letras do 2018 para

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1941 e finada en Pontevedra o 21 de novembro de 2005, foi unha escritora de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Empregou o pseudónimo de Peregrina Pérez.

En 2018 será a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva ese recoñecemento na historia da celebración.

RECOÑECEMENTO

O VOSO DÍA DAS LETRAS

Por terceiro ano consecutivo, a Real Academia Galega tende unha ponte coa rapazada de todo o país botando a andar

Primavera das Letras

O proxecto, dirixido aos máis de 137 mil rapazas e rapaces que cursan o ciclo de primaria, busca achegar contidos didácticos e lúdicos sobre os autores aos que cada ano se lle dedica o Día das Letras. As actividades teñen un enfoque transversal que conflúe cos contidos curriculares que os docentes traballan nas aulas.