FESTA DO MAIO 2018

CANCIÓN DO MAIO DE VIVEIRO

CANCIÓN DO MAIO DA MARIÑA

MÚSICAS

MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

LA VOZ DE GALICIA

O luns, 28 de maio, xuntámonos os coles do concello de Viveiro participantes no proxecto "Espertando ao Maio":

  • CEIP DE CELEIRO

  • CEIP DE COVAS

  • CEIP DE GALDO

  • EEI SAN ROQUE

Vestidos axeitadamente para a celebración desta festa, con maios tradicionais de Viveiro, o maio do noso colexio representando a Porta de Carlos V e outros elementos florais, desfilamos polas rúas de Viveiro acompañados por moitas familias e veciños.

Rematamos na Praza Maior cantando todos xuntos a Canción do Maio de Viveiro.

E así damos por rematado este proxecto que estivemos a traballar durante este curso.

VÍDEO RESUMO

Para complementar a celebración da Festa do Maio e dentro do proxecto "Espertando o Maio".

Os diferentes centros aportaron unha variedade de traballos que se poderán ver na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro ata o xoves 31 de maio.

Para rematar o proxecto de Voz Natura fomos á festa que se celebrou no Parque Acea de Ama, na Coruña, o sábado 2 de xuño.

O venres anterior, tres das coordenadoras deste proxecto conxunto que levamos a cabo durante todo o curso, fomos á Coruña montar a exposición para a Festa que se celebraría o sábado.

Quedounos moi chula!