6. Impresión 3D

A nosa impresora 3D tamén se suma ao PDI deste curso. Nos meses de novembro e decembro escollemos un deseño relacionado co cine, convertémolo imaxe 3D coa axuda do programa Selva e preparamos a impresión co programa Cura. Con todo listo iniciamos a impresión "en cadea": cámaras BBS para toda a comunidade educativa.