Neste apartado inclúense curiosidades sobre as linguas:
- Dos 6000 idiomas censados no planeta, máis de 2500 están en risco de extinción según a Unesco. Entre eles, por exemplo, o andoa ecuatoriano, do que queda tan só un falante, e o zápara, que dominan únicamente seis anciáns. De feito, calcúlase que cada dez anos morren 250 linguas.
- Según un estudio publicado na revista Language, algúns idiomas necesitan máis tempo para contar exactamente a mesma historia, pero en todos se pode comunicar coa mesma eficacia. As linguas que se falan a máis velocidade (cunha maior tasa silábica, é dicir máis sílabas por minuto), coma o español, tenden a incluír menos información en cada sílaba individual. Sen embargo, o chino mandarín, que é moito máis lento, transmite máis contido en cada palabra.
- Köhler (1929) demostrou empíricamente que existe unha relación entre o son dunha palabra e as características físicas do obxecto ao que se refire. Ese efecto (ao que hoxe en día se coñece como “efecto bouba-kiki”) consistía en presentarlle a unha persoa dous obxectos: un con forma puntiaguda e moi angulosa, e outro con forma máis curvada e un contorno suave. A continuación, os participantes tiñan que asignarlle a cada forma as pseudopalabras /kiki/ ou /buba/. Köhler encontrou que a maioría das persoas asociaban a palabra /kiki/ a la forma puntiaguda, mentras que a palabra /bouba/ acostumaba asignarse á forma redondeada. Este experimento puidémolo comprobar no noso centro grazas ao alumnado da ESO que o compartíu connosco.
Cal destas figuras é Kiki e cal é Bouba?