O proxecto VOZ NATURA deste ano é "Xogando a reforestar" no que se inclúe a actividade de repoboar zonas degradadas.
A profesora Rosa tivo a gran idea de axudar a que o contorno do centro educativo de Vilariño de Conso en Ourense estivese un pouquiño máis verde despois da queima dos seus arredores.
O martes, 27 de marzo partiu cara aló cunha morea de árbores e plantas e o mércores 28 axudou a nenos e nenas, profesores e profesoras e ao persoal do Concello a plantar acivros, bidueiras, azaleas, carballos...
Resultou unha experiencia enormemente grafificante para todos, proba diso son a cantidade de fotos que ela mesma fixo e que podemos ver neste vídeo.