Para ambientar o centro, Efrén converteuse nun deportista que viña de participar nos Xogos Olímpicos de Londres coas súas medallas.
Cada clase elixiu un deporte e decorou a porta da aula.
Benvidos aos XXOO de Toén !
Un ano máis chegou o Entroido.
A celebración arranca co xoves de comadres e o seguinte xoves tamén corremos os compadres.
Vaia troula!
Fixemos unha exhibición deportiva por todo o alto…, , tocaba exercitar os músculos,... que non todo vai ser cultivar neuronas...!
Tiñamos un himno que a profe de música inventou para a ocasión, con coreografía e todo...
Para coñecer todo o que fixemos, pica na seguinte ligazón.
:http://bloguesquio.blogspot.com.es/2013/02/o-noso-entroido.html