ACTIVIDADE DE RESILIENCIA
Agora que estamos na casa propóñovos a seguinte actividade:
Mirade pola xanela da vosa casa.
Gustaríame que fixerades 3 debuxos do que acontece na rúa que vedes desde esa xanela: pensade en tódolos detalles: fai sol? Chove? Que xente anda pola rúa? Como ule? Que se escoita? Que ves?
Con esta información fai 3 debuxos
O 1º, debuxade o que viades, escoitabades… antes de estar confinados na casa
O 2º debuxo sería sobre o que vedes neste momento no que estades na casa
Para realizar o 3º debuxo, imaxinade como será esa rúa que vedes desde a vosa xanela cando teñamos vencido ao Corona virus.
Podedes facer unha foto dos tres debuxos ou gravar un vídeo mostrando os debuxos
TRABALLO DE MAR VALE
PREME NA IMAXE
PEDRO GIL, 6º CURSO:
“Eran 3 debuxos: pasado, presente e futuro. Eu fixen 2 porque para mín é o mesmo antes do confinamente e despois do confinamento. Quero a normalidade o antes posible"
TRABALLO DE PEDRO ARIAS