OS MAIOS

INFORMACIÓN

Pica na imaxe

vídeos

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 

 O equipo de Dinamización Lingüística, a Biblioteca, o Departamento de TICs, o Departamento de Ciencias e o Departamento de Orientación, organizamos para celebrar a chegada da primavera:


UN OBRADOIRO DE MAIOS


Realizarase na aula maker e na entrada do centro durante a última semana de abril e a primeira de maio.


Os obradoiros desenvolveranse nos recreos coa supervisión do profesorado colaborador e tamén nas horas de titoría dentro do plan de Acción titorial.


Poderá participar todo o alumnado , co único requisito de apuntarse nunha listaxe que deixaremos nos taboleiros da entrada.

Podedes colaborar  facendo achegas de plantas, flores, froitos e outros elementos que consideredes para a decoración do maio.


Confeccionaranse diferentes estruturas florais que logo se expoñerán fisicamente e nas redes sociais.Cómpre ir almacenando diferentes materiais: flores, xestas, froitos,etc., que se recollerán en caixas onde está a froita , polo que agradecemos as achegas de todos.


Animádevos a participar.  

                                      Grazas pola vosa colaboración



presentación: o maio

VÍDEOS DA PRESENTACIÓN

OBRADOIRO DOS MAIOS