CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1294

O vindeiro 8 de marzo é o Día da Muller por iso no noso colexio durante esta semana fixemos actividades e traballos para fomentar a igualdade entre nenas e nenos, homes e mulleres e visualizar os seus dereitos.

Cada ano este día vai dedicado a unha muller relevante relacionada co Concello de Viveiro, pero este ano quixemos preguntar ás familias por esas mulleres que están no noso recordo e que foron parte fundamental da nosa sociedade por diversos motivos. A enquisa proporcionounos a figura de Dolores Salgueiro Fernández, "A Chitona".

PÁXINA SITES DEDICADA Á CHITONA

  • Na Biblioteca elaboramos unhas pequenas presentacións:

  • O seu fillo Vicente Míguez (exprofesor do colexio) impartiu unhas pequenas charlas para todo o alumnado dividido en dous grupos: Infantil, 1º e 2º curso e outro con 3º, 4º, 5º e 6º curso.

Tamén nos preparou unha pequena exposición con fotografías

Nas aulas tamén prepararon diversos traballos e murais